[caption id="attachment_54" align="aligncenter" width="299" caption="Ingredientes da Pizza branca de bacallau"]
[/caption]- 1 masa de pizza
- 25o gr de bacallau desalado e desmigado
- 1 cebola picada, non moi fina
- 3 dentes de allo aplastados e picados
- 100 ml de nata líquida
- 100 gr de queixo mozarella
- unhas tiras de pemento asado
- unhas olivas negras
- unhas uvas pasas
- ourego e pementa
- [opcional: 1 cervexa, para o cociñeiro]
Preparación:
Rustrimos un pouquiño a cebola e o allo, sen que se fagan de todo (van ter 15 minutos de forno para rematar a cocción). Logo botamos o bacallau e cociñamos 2 ou 3 minutos, ata que perda a auga que vai soltar. Engadimos a nata e deixamos cociñar a lume vivo para reducir a mestura. Na bandexa do forno estendemos unhas gotas de aceite e colocamos a masa de pizza sobre ela. Botamos o queixo raiado sobre a masa, repartímolo ben e sobre el estendemos o preparado de bacallau.
[caption id="attachment_55" align="aligncenter" width="300" caption="Preparación da pizza de bacallau"]
[/caption]Podemos botarlle unhas gotas de aceite e logo colocamos as tiras de pemento asado, al olivas e as pasas, e damoslle un toque de ourego e pementa.
No forno, prequentado a uns 200 graos, faise a pizza durante uns 15 ou 20 min. Colocase na metade superior do forno e se usa só a resistencia de arriba. O resultado:
[caption id="attachment_56" align="aligncenter" width="300" caption="A pizza de bacallau lista para comer"]
[/caption]
a receita ten unha pinta fantastica, moi boa a idea de este blog, xa che irei copiando recetas
ResponderExcluirsaluditosss
alberto
Pois ten moi boa pinta…. tentarémola un dia destes.. hai que ter en conta que se a masa non é das precociñadas… sempre gaña un montón.
ResponderExcluirO mantel….precioso!!!! ;)
Se o único problema fosen os comentarios!! Non podemos acceder a cada receita!! Non sei como pedir axuda no foro de blogaliza!!
ResponderExcluir