Os ingredientes para a masa irán a parte na sección de masas.
Ingredientes (para bandexa de forno "standard"; se sodes mais de catro facédelle unha ensalada...):
- 1/2 coello
- Chícharos ao gusto (mellor frescos)
- 4 tomates (rama)
- 1+1/2 Cebola
- pemento, 1/2 bermello e outro 1/2 verde)
- 2 dentes de allo
Preparación da saraghallada:
Picamos por separado e ben finiños a cebola, os pementos e os tomates, debullaremos os chícharos se son naturais (ou desconxelar, non me meter chícharos de bote, eh??)


1º Pochamos a cebola cun chisco de sal durante 5', pasado este tempo engadimos os pementos picados e outro chisco de sal.
2º Dez minutos mais tarde, engadiremos dous dentes de allo e o coello troceado (previamente salgado) e deixaremos a lume medio 20' removendo todo de vez en cando.
3º 20' despois engadimos o tomate e os chícharos (se son frescos, se fosen conxelados poden engadirse case ao final de todo) e outro chisco de sal (pódeselle botar ao tomate picado antes de engadilo), e unha pisca de sucre para matarlle un pouco a acidez.
4º (Optativo)... Abrir unha cervexiña..... e chimparse media!!!

5º Aos dez minutos sacamos só o coello para desosalo (poderíamos facela de "bultos" mais o coello ten demasiados osos pequenos), unha vez feito isto voltamos a engadilo á saraghallada con meio vaso de viño e un pouquiño da auga salgada que sobra ao facer a masa e deixar a lume lento ate que a masa esté lista.
6º Se optaches pola opción 4 podes rematar a garimba que abriches, e rillar nos restos do coello que aínda queda chicha ahí metida.
7º Cando a masa esté lista, facer unha base na bandexa do forno, botar a saraghallada e cubrir coa restante (igual sobra algo.....pois a facer arepas)
8º forno precalentado a 180º 1 hora e meia.

9º A comeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeer!!!!

Agardo que a disfrutedes-........ eu si!!!!
Está ben boa!!!!, por certo!!
Nenhum comentário:
Postar um comentário