Comensais:
Para 24 anacos: usamos un recipiente rectangular de 20cm x 40cm. Sae un biscoito de pouca altura, fácil de partillar. A receita orixinal leva a metade de todas as cantidades, para facer un biscoito cadrado de 20x20. Os carrot cakes que comiamos en Inglaterra eran mais altos, e levaban tamén unha capa de crema na metade do biscoito.
Ingredientes da masa:
manteiga para engraxar
250 g de fariña con levadura
2 piscas de sal
2 culleriñas de canela (rasas)
250 g de azucre moreno
4 ovos
200 ml de aceite de xirasol
350 g de cenoura raiada
50 g de coco raiado
4 culleres de noces trituradas (unhas 6 ou 8 noces)
noces para decorar
Ingredientes para a crema:
8 culleradas de manteiga, abrandada (= 120 ml, non sabemos o peso, aprox deben ser 100 g)
110 g de queixo cremoso (mascarpone)
280 g de zucre glacé (o bote ten 250 g , vale perfectamente o bote enteiro)
2 culleriñas de zume de limón
Preparación:
Quentamos o forno a 180°. Engraxamos o molde rectangular de 20x40 (ou de medida similar).
Peneiramos a fariña, o sal e a canela nun bol grande, e engadimos o azucre moreno. Engadimos os ovos batidos e o aceite e mesturamos ben. Logo engadimos a cenoura, o coco e as noces picadas. Mesturamos ben outra vez, poñemos a masa no molde e forneamos durante 30 minutos aprox (mirar que estea cocido). Cando estea listo se saca do forno e se deixa enfriar no propio molde.
Para facer a crema de queixo:
En un bol grande abrandamos a manteiga como se a amasaramos (con unha culler ou espátula de silicona), engadimos o queixo e mesturamos. Logo engadimos o azucre glacé e o zume de limón, mesturando ata que temos unha crema lixeira.
Sacamos o biscoito do molde, cubrimolo coa crema de queixo (por riba, polos lados e opcionalmente polo medio), e decorase con anacos de noces.
(Variante: cambiar o coco por plátano machacado)
Nenhum comentário:
Postar um comentário