6 de dezembro de 2010

Tortilla de bacallau

Outra achega do ilustre chef Escalo, que di: "A tortilla é un prato tradicional da cociña vasca. Cómese xeralmente en sidrerías e caseríos, non en restaurante fino.



[caption id="attachment_676" align="aligncenter" width="300" caption="Tortilla de bacallau"] Tortilla de bacallau[/caption]

Esta que fago eu é realmente moito mellor que a que podes comer en Euskadi, pois os ingredientes son de moita mellor calidade (bacallau de calidade e ovos da casa). As últimas que comín en Donostia eran de migas e escasas, con ovos de súper... Na miña casa adoptouse como prato propio. É típico desalgar un par de toros de máis de bacallau para unha tortilla cando se come este peixe".




Ingredientes (para 4 persoas):

[caption id="attachment_677" align="aligncenter" width="300" caption="Ingredientes necesarios"]Ingredientes necesarios[/caption]

  • 1 centro de bacallau, de boa calidade (nós mercámolo na feira de Cerdal, Portugal).

  • 1 cebola

  • 1 pemento verde

  • 1 ou 2 dentes de allo

  • 6 ovos

  • Aceite de oliva

  • Pirixel picado


Elaboración:

1.- Desmigamos o bacallau previamente desalgado (eu non son partidario de esfiañalo demasiado, sobre todo se o bacallau é de boa calidade -ver na foto-). A cebola cortámola en xuliana non moi fina e o pemento verde en dadiños (nunca vermello; se podemos, quitámoslle a pel). Poñemos a pochar sen engadir sal.

[caption id="attachment_679" align="alignleft" width="300" caption="Cebola e pemento..."]Cebola e pemento...[/caption]

[caption id="attachment_680" align="alignright" width="300" caption="...pochadiños"]...pochadiños[/caption]

2.- Engadimos ao final o allo picado sen que chegue a queimarse.

3.- Cando estea case pochado incorporamos o bacallau desmigado.

[caption id="attachment_681" align="aligncenter" width="300" caption="Engadimos o bacallau"]Engadimos o bacallau[/caption]

Dámoslle unha volta con moito lume para que solte o xugo; probamos e rectificamos o sal se fose preciso.

[caption id="attachment_682" align="aligncenter" width="300" caption="Que os sabores se mesturen"]Que os sabores se mesturen[/caption]

4.- Escorremos o aceite sobrante –pódese, ou débese, aproveitar para calquera guiso de peixe-. Nun bol batemos os ovos, non en exceso para que quede a tortilla xugosa, e engadímoslle un pouco de pirixel picado. Mesturamos cos ovos.

[caption id="attachment_683" align="aligncenter" width="300" caption="Mesturamos cos ovos"]Mesturamos cos ovos[/caption]

5.- Elaboramos a tortilla nunha tixola limpa e aceitada (pero sen aceite), pois se usamos a do bacallau pegarase.

[caption id="attachment_685" align="aligncenter" width="300" caption="Facemos a tortilla"]Facemos a tortilla[/caption]

Pódese acompañar cunha boa sidra tirando a ácida.

2 comentários:

  1. Non sei que pasa coas vosas entradas que non se actualizan no meu blogue. Sae sempre un arroz con carne.
    De boa gana papaba eu esa tortilla agora mesmo.
    Teño que mirar con máis detemento a receita dos profiterois, teñen unha pintaza.
    Saudiños

    ResponderExcluir
  2. Pois temos algúns problemas co servizo deste blogue, a verdade, e non estamos nada contentos/as... Se cadra temos que cambialo algún día...
    Xa ves que nós somos máis de salgados, jeje. Eu proveiche as magadalenas de mascarpone, e púxenche un comentario tamén.
    Saudiños, compañeira!

    ResponderExcluir