10 de setembro de 2012

Marmelo

Nesta ocasión tocou facer o marmelo, que estamos na época.




[caption id="attachment_1334" align="aligncenter" width="500" caption="Doce de marmelo"]marmelo[/caption]

Esta receita ten moitísimas vantaxes: aproveitamos un froito que en cru non sería comestible, a cantidade adáptase aos kilos de marmelo que teñamos en cada ocasión, e pode conxelarse para que dure ata a tempada seguinte.

Na casa de Pataca Brava fanno desde hai moitos anos, pero en cantidades inxentes. Así que non vos asuste o tamaño da pota de cocción: como digo, podedes facer calquera cantidade.

Ingredientes

  • 1 kg. de marmelos

  • 750 gr. de azucre

  • Auga


A proporción de froita e azucre mantense sempre así. Se temos 20 quilos de marmelo (pesado xa limpo, non enteiro), botaremos 15 de azucre (cunha regra de tres calcúlase estupendamente).



Elaboración


1.- O marmelo é unha froita moi dura e peluda (aínda que isto depende do que lle chova antes de apañalo).

[caption id="attachment_1335" align="aligncenter" width="500" caption="Marmelos (Cydonia oblonga)"]marmelos [/caption]

Para comezar coa receita, debemos limpalos de impurezas e pelo; non é preciso planalos.

[caption id="attachment_1336" align="aligncenter" width="150" caption="Limpamos a froita"]limpar[/caption]

2.- Partimos as froitas en anacos cun bo coitelo. Non debemos usar a carne que queda máis pegada ao carozo, pois é moito mais dura e logo non se dá desfeito.

[caption id="attachment_1339" align="aligncenter" width="300" caption="Cortamos os marmelos"]cortar[/caption]

Como o marmelo é tan duro, que non vos sorprenda que vos saian bochas nas mans!

Observade como os carozos non se deben aproveitar moito:

[caption id="attachment_1355" align="aligncenter" width="150" caption="Carozos"]Carozos[/caption]

Agora é cando debemos pesar a froita para calcular o azucre que precisamos.

Botámola nunha pota de dobre fondo cun dedo de auga (o mínimo, para que non se pegue, máis que nada) e a metade do azucre que lle calculamos.

[caption id="attachment_1343" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos a cocer"]poñemos_cocer[/caption]

Deixámolo media hora a lume lento (moi, moi lento!), tendo coidado de remexer de cando en vez para que non se pegue.

[caption id="attachment_1342" align="aligncenter" width="150" caption="Deixamos ferver media hora"]media_hora[/caption]

3.- Engadimos o resto do azucre e deixamos que ferva unha hora máis, a lume moi lento.

[caption id="attachment_1344" align="aligncenter" width="500" caption="Fervemos unha hora máis"]hora_mais[/caption]

4.- Fóra do lume, batemos ben ata desfacer os anacos que quedaran. Observade que batedor armaron na casa de Pataca Brava a partir dun taladro:

[caption id="attachment_1347" align="aligncenter" width="300" caption="Batedor "made in casa""]batedor[/caption]

Tede moito coidadiño ao bater, pois queima (e mancha) moito.

Vós podedes usar un batedor normaliño, como este:

[caption id="attachment_1348" align="aligncenter" width="150" caption="Batemos ben"]batemos_ben[/caption]

5.- Logo de bater, voltamos a poñelo no lume (esta vez normal) un minuto aproximadamente. Isto axuda a que colla cor.

6.- Inmediatamente (antes de que refríe) fóra do lume, enchemos os moldes que teñamos preparados (se queremos, aptos para conxelar).

[caption id="attachment_1349" align="aligncenter" width="500" caption="Enchemos os moldes"]Enchemos os moldes[/caption]

No molde xa observaremos que de seguida vai callando. Non debemos tapalos ata que refríe de todo (para que non se forme vapor).

[caption id="attachment_1363" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

Acompañado de queixo de Arzúa é unha delicia!!!

Um comentário:

  1. Grazas, Cris, polas túas achegas para mellorar a redacción da receita!

    ResponderExcluir