26 de janeiro de 2011

Calabacín recheo de verduras

Non sei de onde sacara esta receita, a verdade.



[caption id="attachment_750" align="aligncenter" width="500" caption="Calabacín recheo de verduras"] Calabacín recheo de verduras[/caption]

Acostumo facela cando me sobra un pouco de arroz con carne doutra comida, e sei que busquei por libros de receitas e na internet, e supoño que fixen unha mestura adaptada ao meu gusto. A ver se vos agrada!


Ingredientes     (para 2 persoas)

  • 2 calabacíns

  • 1 cebola

  • 3 tomates maduros

  • 1 cunquiña de arroz

  • 1 dente de allo

  • 100 gr. de carne picada

  • Verduras ao gusto: cogumelos, pencas de acelgas, pemento, espinacas, berenxena,...


[caption id="attachment_751" align="aligncenter" width="150" caption="Verduras ao gusto"]Verduras ao gusto[/caption]

  • Queixo para gratinar ou de barra

  • Sal e aceite de oliva


Elaboración

1.- Metemos (para abrandar) o calabacín enteiro ao forno co lume alto (200º) nun recipiente con auga pola metade, unha media hora, dándolle a volta unha vez; ou ben, cocémolo 15 minutos (a pota debe ser grande para que o cubra ben a auga).

[caption id="attachment_743" align="aligncenter" width="500" caption="Abrandamos os calabacíns"]Abrandamos os calabacíns[/caption]

2.- Cando estean algo fríos, abrímolos á metade ao longo;

[caption id="attachment_745" align="aligncenter" width="500" caption="Partimos á metade os calabacíns"]Partimos á metade os calabacíns[/caption]

tirámoslle a semente e cunha culler retirámoslle a carne, que reservamos picada.

[caption id="attachment_744" align="aligncenter" width="500" caption="Baleirámolos"]Baleirámolos[/caption]

3.- Se temos restos de arroz (paella, con carne,...) mellor; senón, cocémolo agora.

[caption id="attachment_746" align="aligncenter" width="500" caption="Sobras de arroz"]Sobras de arroz[/caption]

Logo, se hai cogumelos, facémolo á parte cun chisco de cebola e allo.

[caption id="attachment_747" align="aligncenter" width="500" caption="Facemos un pouco os cogumelos"]Facemos un pouco os cogumelos[/caption]

A ese refrito funlle aumentando as outras verduras que decidín engadir (berenxena, pemento,...).

[caption id="attachment_764" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos as verduras"]Pasamos as verduras[/caption]

4.- Sofritimos a cebola, e cando estea botamos dous dos tomates, picados e sen sementes nin tona (eu xa tiña salsa de tomate embotada).

[caption id="attachment_752" align="aligncenter" width="500" caption="Salsa de tomate"]Salsa de tomate[/caption]

Cocémolo moito, unha media hora, e logo co calabacín picado outra. Salgámolo.

5.- Noutro chisco de aceite, pasamos un pouco a carne picada con allo e sal. Como o arroz que empreguei era de sobras e xa tiña carne, o único que fixen foi separala e picala máis, e engadirlle un pouco de xamón da casa (que sofretín coas verduras).

[caption id="attachment_753" align="aligncenter" width="500" caption="Engadinlle un pouco de xamón caseiro"]Engadinlle un pouco de xamón caseiro[/caption]

6.- Prequentamos o forno a 200º. Mesturámolo todo.

[caption id="attachment_756" align="aligncenter" width="500" caption="Recheo finalizado"]Recheo finalizado[/caption]

Metemos a mestura en cada metade do calabacín. Ímolos colocando nunha fonte para o forno untada de aceite.

[caption id="attachment_757" align="aligncenter" width="500" caption="Imos enchendo os calabacíns"]Imos enchendo os calabacíns[/caption]

Tapámolos co queixo e logo co tomate que faltaba cortado en rodas.

[caption id="attachment_758" align="aligncenter" width="500" caption="Rematamos co tomate"]Rematamos co tomate[/caption]

Espolvoreámoslle sal e metemos no forno uns 20 minutos.

[caption id="attachment_759" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]Resultado final[/caption]

4 comentários:

  1. Que orixinal, non? Nunca pensei que se poideran comer así os calabacíns. Xa estou probando. Tamén poden estar boas as berenxenas desta maneira, cando as fago contovos.

    ResponderExcluir
  2. Xa ves! E coa boa produción que tedes na vosa casa de calabacíns!

    ResponderExcluir
  3. Pois si, con berexenas e queixo de Arzúa quedaron boísimas!!!

    ResponderExcluir
  4. Alégrome! Porque ademais, o queixo que usei eu "para gratinar" xa vedes que quedou mal, sen derreter. Queda para a próxima empregar queixo galego! Grazas polos comentarios!

    ResponderExcluir