[caption id="attachment_1156" align="aligncenter" width="500" caption="Polo con froitas"]
[/caption]Este prato mestura sabores doces e salgados, e é unha delicia. Anímovos a probalo!
Ingredientes (para 6 persoas):
- 1 polo da casa
- 1 cebola grande
- 4 dentes de allo.
- 4 patacas (opcional)
- Pirixel.
- Salsa de soia
- Froitas e froitos secos ao gusto (mazá, piña, castañas, orellóns, ameixas, pasas, figos, piñóns…)
- 1 vaso de viño branco
- Aceite e sal
Elaboración:
[caption id="attachment_1157" align="aligncenter" width="300" caption="Igredientes para o adobo"]
[/caption]1.- Ponse o polo, en trozos grandes, en adobo unha hora con aceite, allo, pirixel e salsa de soia.
[caption id="attachment_1158" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos o polo en adobo"]
[/caption]2.- Cortamos a cebola en aros e pochámola nunha tixola, e cando estea, dispoñémola de base nunha fonte do forno grande.
[caption id="attachment_1159" align="aligncenter" width="500" caption="Pasamos a cebola..."]
[/caption]No mesmo aceite, douramos o polo e ímolo poñendo sobre a cebola.
[caption id="attachment_1160" align="aligncenter" width="500" caption="... e no mesmo aceite o polo"]
[/caption]3.- Se facemos patacas fritidas, cortámolas en tacos e pasámolas antes pola tixola un pouco. Se non, podemos substituílas por castañas (semicocidas e peladas) e/ou mazá (pelada e en tacos).
4.- Prequentamos o forno a 150º.
5.- Ao redor do polo poñemos todas as froitas e froitos secos.
[caption id="attachment_1163" align="aligncenter" width="500" caption="Poñemos as froitas"]
[/caption]Báñase todo con viño e salsa de soia, e botamos un pouco de sal (non moito, porque a salsa de soia tamén salga) e métese no forno unha hora, virando o polo de cando en vez e vixiando que non reseque (podemos mollalo con auga se o precisara).
[caption id="attachment_1164" align="aligncenter" width="500" caption="Resultado final"]
[/caption]
Grazas Irene por colgala, a miña desculpa é que non teño unha cámara tan boa como a túa...
ResponderExcluir