23 de abril de 2010

Ola Mundo!

[Do diccionário Estraviz:  Saragalhada - Mistura de aditamentos para fazer morcela]

Benvidos a saraghallada.blogaliza.org. A nosa primeira anotación, de probas, é para descubrir as posibilidades que nos ofrece blogaliza como plataforma para crear un blog.

Este blog nace coa humilde pretensión de divulgar unha variada colección de receitas de cociña que, recollidas por ahí, cociñamos logo para nós e a xente que temos mais preto.

Son receitas variadas en moitos aspectos. Antigas e modernas. Tradicionais, clásicas ou vangardistas. Fáciles, rápidas, ou laboriosas. Pero o que teñen en común é que as facemos, con maior ou menor frecuencia, para comer no día a día, para agradar a convidados, para desfrutar do acto da cociña, para alimentarse ou polo pracer de sentarse a comer.